Ao non ser un usuario rexistrado, debes aceptar a nosa Política de Protección de Datos:
Esta enquisa require utilizar unha posición xeográfica, ofrecida de manera automática polo navegador web ou definida manualmente, para poder ofrecer un mapa de localizacións das respostas.
A única finalidade da enquisa é coñecer as opinións dos usuarios e a súa localización aproximada, así a posición final pode ser modificada libremente durante o proceso da enquisa antes de que se garde a información demandada do usuario.
Como usuario anónimo podes elixir entre:
Tentaremos situarte inicialmente nunha posición aproximada en base á túa IP para que logo te sitúes correctamente.
O teu navegador pedirache permiso para transmitirnos a túa posición en base a diversos datos (GPS, IP, redes wifi...), dándonos unha posición normalmente moi precisa que podes editar se o consideras oportuno.
Rexístrate en Emapic para non ter que realizar este paso para cada resposta e tamén poderás definir unha posición por defecto ou automatizar o uso do xeoposicionamento automático.
Rexístrate en Emapic para non ter que realizar este paso para cada resposta e tamén poderás definir unha posición por defecto ou automatizar o uso do xeoposicionamento automático. (Máis información)
Deberás especificar a túa posición nun mapa partindo da posición por defecto do teu perfil.
Deberás especificar a túa posición manualmente nun mapa partindo dunha posición por defecto xenérica.
Deberás especificar a túa posición nun mapa partindo dunha posición aproximada obtida da túa IP.
Lamentablemente non fomos capaces de localizar a túa posición de maneira automática.
Lamentablemente non fomos capaces de localizar a túa posición exacta de maneira automática, pero si puidemos obter unha posición aproximada a partir da túa IP.
Deberás especificar a túa posición nun mapa partindo de dita aproximación.
Lamentablemente non fomos capaces de localizar a túa posición de maneira automática.
Deberás especificar a túa posición nun mapa partindo dunha posición por defecto xenérica.
En primeiro lugar, recordámoslle que pode navegar polo mapa premendo e arrastrando para desprazarse, e cambiar o zoom mediande a roda do rato ou os botóns «+» e «-» da esquina superior esquerda. Tamén pode cambiar a imaxe que lle amosamos no mapa mediante o selector da esquina inferior dereita, puidendo seleccionar un mapa en branco e negro, un a cor ou fotografías satelitales (esta última é especialmente útil se precisa localizar un elemento concreto no mapa).
Na esquina superior dereita tamén dispón dun buscador de direccións que lle pode resultar de axuda para buscar localizacións no mapa. Simplemente escriba a dirección, separando os compoñentes con comas, e pulse na lupa ou prema a tecla «Intro». Se só hai un resultado, o mapa fará zoom nel automáticamente, e se atopa máis dun, entón deberá premer no que lle interese no listado que se lle amosa. Cómpre aclarar que a búsqueda só se realiza na área que está a visualizar no mapa nese momento (e.g. se no mapa está visualizando a cidade de Lugo, non podería buscar unha dirección de Ourense, senón que antes debería disminuir o zoom ou desprazarse para que no mapa apareza Ourense).
Na parte esquerda pode atopar unha barra cunha serie de botóns que lle permitirán definir lugares no mapa:
serve para debuxar liñas sobre o mapa (para definir, por exemplo, rutas ou estradas). Unha vez que o seleccionemos deberemos premer no mapa sobre o inicio da liña, e logo de novo sobre cada un dos vértices que definan o seu percorrido. Para rematar de debuxar deberemos premer unha segunda vez sobre o último vértice ou premer no botón «Rematar» a carón do botón da barra da esquerda. Mentres que a ferramenta está activa temos ademáis un botón para eliminar o último vértice debuxado a carón do seu botón na barra da esquerda. En calqueira momento podemos premer no botón «Cancelar» a carón do botón da ferramenta para descartar a inserción do elemento.
serve para debuxar polígonos sobre o mapa (para definir, por exemplo, a área dun espazo natural). Unha vez que o seleccionemos deberemos premer sobre o primeiro vértice, e logo de novo sobre cada un dos vértices que definan a área. Para rematar de debuxar e pechar o polígono deberemos premer de novo sobre o primeiro vértice, facer dobre click sobre o último debuxado ou premer no botón «Rematar» a carón do botón da barra da esquerda. Mentres que a ferramenta está activa temos ademáis un botón para eliminar o último vértice debuxado a carón do seu botón na barra da esquerda. En calqueira momento podemos premer no botón «Cancelar» a carón do botón da ferramenta para descartar a inserción do elemento.
serve para marcar puntos sobre o mapa (para definir, por exemplo, un xardín de escasa extensión). Simplemente deberemos premer no mapa sobre o punto que queremos marcar. En calqueira momento podemos premer no botón «Cancelar» a carón do botón da ferramenta para descartar a inserción do elemento.
serve para editar as liñas, polígonos e puntos definidos previamente. Unha vez que a teñamos seleccionada, poderemos mover os puntos e vértices de liñas e polígonos premendo e mantendo sobre elos. Tamén podemos crear novos vértices premendo e arrastrando nos marcadores translúcidos que podemos ver entre os vértices xa existentes. Cando esteamos satisfeitos cos cambios, deberemos premer no botón «Gardar» que aparece a carón do botón da ferramenta para confirmar os cambios. En calqueira momento podemos premer no botón «Cancelar» a carón do botón da ferramenta para descartar os cambios. A ferramenta permanecerá deshabilitada mentres non teñamos debuxado algún elemento.
serve para eliminar liñas, polígonos e puntos definidos previamente. Unha vez que a teñamos seleccionada, poderemos premer nos distintos elementos para eliminalos. Cando esteamos satisfeitos cos cambios, deberemos premer no botón «Gardar» que aparece a carón do botón da ferrament para confirmar os borrados. Os elementos tamén se poden borrar de maneira individual mediante o botón «Borrar» que se amosa no seu formulario (explicado no seguinte parágrafo). Ao borrar mediante o botón do formulario non fai falla confirmar os borrados xa que son inmediatos. En calqueira momento podemos premer no botón «Cancelar» a carón do botón da ferramenta para descartar os cambios. Tamén cando a ferramenta estea seleccionada teremos un botón «Borrar todo» a carón do botón da barra da esquerda que nos permite borrar tódolos elementos debuxados no mapa (teña coidado xa que esta opción non require confirmación). A ferramenta permanecerá deshabilitada mentres non teñamos debuxado algún elemento.
Por cada elemento que defina amosarémoslle un pequeno formulario cunha serie de campos que deberá cubrir antes de poder definir outros elementos ou continuar co cuestionario. Se non dispón de datos axeitados do elemento, simplemente prema no botón de «Borrar» para cancelar a súa inserción. Unha vez que teña cubertos os campos, prema en «Aceptar» e xa poderá definir novos elementos no mapa ou volver ao cuestionario. Se precisa revisar os datos previamente definidos dun elemento, prema sobre o seu debuxo no mapa para abrir de novo o formulario.
Pregámoslle que dedique o maior esforzo posible a definir correctamente os elementos no mapa seguindo unha serie de recomendacións:
Navegue correctamente polo mapa ate ter o elemento que desexa sinalar correctamente visible e definido. Empregue sempre o maior zoom posible que lle permita definilo dunha maneira precisa, preferiblemente sen precisar mover o mapa durante o debuxado dos vértices.
No caso das liñas e polígonos recorde que se o precisa, pode navegar polo mapa e cambiar o zoom durante o debuxado dos vértices, aínda que como comentamos no punto anterior recomendamos por comodidade sempre que sexa posible deixar no mapa totalmente visible e definible o elemento antes de activar as ferramentas de debuxado.
Tente empregar o tipo de debuxo máis axeitado para cada tipo de elemento. Por exemplo, empregue liñas para definir rutas ou estradas, polígonos para definir espazos extensos e puntos para elementos discretos ou de escasa extensión.
Non se preocupe de engadir elementos de tódolos tipos de debuxo, o importante é que aporte a información que vostede coñeza e considere de utilidad (e.g. se só coñece elementos definibles como áreas, non force a introducción dalgún como puntos ou liñas).
Procure que os elementos que debuxe non se solapen entre eles, especialmente os polígonos.
Se as ferramentas de debuxado de liñas e polígonos lle resultan demasiado complexas e non se ve capaz de empregalas, antes de deixar o mapa en branco pregámoslle que tente definir os elementos como puntos xa que a ferramenta é moito máis sinxela (un único punto por elemento neste caso, non introduza un punto por cada vértice dunha ruta nin nada semellante).
Se a pesar destas indicacións non se ve capaz de definir os elementos no mapa con esta ferramenta, prema en directamente «Rematar e continuar co cuestionario».
Unha vez que se atope satisfeito coa información proporcionada no mapa, prema en «Rematar e continuar coa cuestionario» para continuar co resto de cuestións.
En primeiro lugar, recordámoslle que pode navegar polo mapa premendo e arrastrando para desprazarse, e cambiar o zoom mediande a roda do rato ou os botóns «+» e «-» da esquina superior esquerda. Tamén pode cambiar a imaxe que lle amosamos no mapa mediante o selector da esquina inferior dereita, puidendo seleccionar un mapa en branco e negro, un a cor ou fotografías satelitales (esta última é especialmente útil se precisa localizar un elemento concreto no mapa).
Na esquina superior dereita tamén dispón dun buscador de direccións que lle pode resultar de axuda para buscar localizacións no mapa. Simplemente escriba a dirección, separando os compoñentes con comas, e pulse na lupa ou prema a tecla «Intro». Se só hai un resultado, o mapa fará zoom nel automáticamente, e se atopa máis dun, entón deberá premer no que lle interese no listado que se lle amosa. Cómpre aclarar que a búsqueda só se realiza na área que está a visualizar no mapa nese momento (e.g. se no mapa está visualizando a cidade de Lugo, non podería buscar unha dirección de Ourense, senón que antes debería disminuir o zoom ou desprazarse para que no mapa apareza Ourense).
Para definir a súa posición simplemente debe premer no punto desexado no mapa. Se xa hai unha posición definida (hai un marcador localizado no mapa), pode premer de novo para sustituir a posición polo novo punto sinalado, ou arrastrar o marcador ate o lugar desexado.
Se o prefire, pode premer o botón «Localizar a miña posición actual» para que tentemos localizalo automáticamente en base a certos parámetros técnicos (se está empregando un dispositivo móvil, coma un teléfono intelixente, recomendamos activar o GPS antes de empregar esta funcionalidade). No momento de premer o botón é probable que o navegador lle pida permiso para compartir a súa posición, o cal é necesario para poder localizalo. A posición non sempre é exacta e pregamos que comprobe que é correcta antes de rematar, e que a modifique manualmente en caso de non ser así. Teña en conta que esta opción pode levar uns segundos e non sempre é posible empregala ao depender de factores externos á nosa aplicación. Se preme o botón e pasados uns segundos non recibe resposta algunha, ou recibe unha mensaxe de erro, é mellor que empregue o localizador de direccións ou busque a posición manualmente.
Unha vez que se atope satisfeito coa posición indicada no mapa, prema en «Rematar e continuar co cuestionario» para continuar co resto de cuestións.