Esta é unha Plataforma dixital de mapeo e reflexión colaborativa para a activación dos espazos arquitectónicos de Galicia que quedaron atrás. Son 506.370 vivendas segundo o Instituto Nacional de Estadística. Xunto con varios miles de edificios de outro tipo ( gasolineiras, baixos comerciais e incluso unha terminal aeroportuaria! ) debuxan unha paisaxe de "ESPAZOS SEN XENTE E XENTE SEN ESPAZOS".
Nesta breve enquisa pedirémoste que identifiques o tipo de elemento que achegas xunto cunha foto súa para aprecialo mellor. Necesitaremos algunhas informacións para contextualizalo e finalmente a súa ubicación nun mapa.