Engadir unha ficha por cada proxecto de cooperación exterior
ou acción humanitaria que a organización estivo ou se está a executar durante o ano 2024.
Recorda que a enquisa estár aberta ata comezos de 2025 para que poidades engadir todos os proxectos
que poñades en marcha ata finais de ano.
As ONGD que en 2024 non executaron proxectos no exterior, poden marcar o recadro correspondente.
Deben incorporarse unicamente os proxectos xestionados dende a organización en Galicia,
independentemente da fonte de financiamento. (Por exemplo, se dende Galicia xestionamos
a execución de proxectos financiados por outra CCAA ou outro concello non galego, SI
debemos engadilo aquí)
En caso de proxectos consorciados, só cubrirá esta información a ONGD que lidera o proxecto.
A información cubrirase proxecto por proxecto, sendo obrigatorio localizalos no mapa.
Recorda darlle ao botón para gardar borrador antes de abandonar este formulario, e cando
os teñas todos engadidos, confirma os datos premendo en «Validar apartado» na parte inferior.
Instrucións a ter en conta para proxectos financiados con fondos da Dirección Xeral de Relacións
Exteriores e coa UE ou outros proxectos con varias anualidades:
- Introduciranse os proxectos no exterior financiados na convocatoria 2023 e na de 2024
(pois en ambos casos teñen unha anualidade que se executa no ano 2024).
- No caso de consorcios só introducirá os datos dos proxectos a organización líder do
consorcio para non duplicar.
- No apartado do orzamento introducirase o orzamento total de cada proxecto. Isto é, o
custe total do proxecto sumando as dúas anualidades (ou as anualidades que teña) e
sumando non so a subvención concedida senón tamén outras achegas propias ou doutros
financiadores (incluíndo a achega do financiador pero tamén o resto de aportes, propios
da contraparte, das persoas beneficiarias, doutros financiadores, etc).