Esta enquisa require utilizar unha posición xeográfica, ofrecida de manera automática polo navegador web ou definida manualmente, para poder ofrecer un mapa de localizacións das respostas.
A única finalidade da enquisa é coñecer as opinións dos usuarios e a súa localización aproximada, así a posición final pode ser modificada libremente durante o proceso da enquisa antes de que se garde a información demandada do usuario.
Como usuario anónimo podes elixir entre:
Tentaremos situarte inicialmente nunha posición aproximada en base á túa IP para que logo te sitúes correctamente.
O teu navegador pedirache permiso para transmitirnos a túa posición en base a diversos datos (GPS, IP, redes wifi...), dándonos unha posición normalmente moi precisa que podes editar se o consideras oportuno.
Rexístrate en Emapic e poderás definir unha posición por defecto para as túas respostas ou automatizar o uso do xeoposicionamento automático.
Como usuario anónimo, podes ou ben definir manualmente a túa posición no mapa a partires dunha posición xeral obtida coa túa IP, ou deixar que che intentemos xeoposicionar automáticamente mediante o teu navegador (podes editar posteriormente a posición obtida se así o desexas).
Rexístrate en Emapic e poderás definir unha posición por defecto para as túas respostas ou automatizar o uso do xeoposicionamento automático.
Ao non ser un usuario rexistrado, debes aceptar a nosa Política de Protección de Datos para poder responder á enquisa:
Deberás especificar a túa posición nun mapa partindo da posición por defecto do teu perfil.
Deberás especificar a túa posición manualmente nun mapa partindo dunha posición por defecto xenérica.
Deberás especificar a túa posición nun mapa partindo dunha posición aproximada obtida da túa IP.
Lamentablemente non fomos capaces de localizar a túa posición de maneira automática.
Lamentablemente non fomos capaces de localizar a túa posición exacta de maneira automática, pero si puidemos obter unha posición aproximada a partir da túa IP.
Deberás especificar a túa posición nun mapa partindo de dita aproximación.
Lamentablemente non fomos capaces de localizar a túa posición de maneira automática.
Deberás especificar a túa posición nun mapa partindo dunha posición por defecto xenérica.
Dende o ano 2013 ata a actualidade, a ONGD Solidariedade Internacional de Galicia (SIG) e investigadoras da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, colaboran en proxectos de investigación en educación para o desenvolvemento e a cidadanía global (EPDCG), financiados pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia.
Ao longo destes anos vimos afianzando a idea de que é importante superar o enfoque que reduce a EPDCG no sistema educativo a experiencias puntuais e illadas. Se ben tamén identificamos un número importante de profesionais en exercicio que están levando a cabo iniciativas moi interesantes, sexa de maneira individual ou colaborativa con entidades sociais. Ante esta realidade, consideramos imprescindible coñecer o estado da cuestión como punto de partida para tecer unha rede de centros e entidades que traballan en EPDCG, así como establecer liñas de colaboración e aprendizaxe compartida.
O mapa que presentamos responde a este dobre obxectivo e forma parte do proxecto Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros educativos que traballan en EPDCG en Galicia (PR804A 2018/19 e PR804A 2019/6).
Decidimos empregar a cartografía social como metodoloxía de investigación e acción para mapear as experiencias de forma colaborativa e participativa. O instrumento deseñado para isto foi a sala cartográfica, desenvolvida de forma presencial con profesorado e entidades que axudaron na súa construción e validación. A aplicación informática correspóndese coa tradución desta ferramenta a un formato online, coa que se pretende tanto favorecer a recollida de novas experiencias, como a visibilización e difusión das xa cartografadas (de forma presencial ou online).
A pesar de contar con esta ferramenta, non queremos perder as vantaxes que ofrece a celebración presencial das salas cartográficas, no que respecta á promoción de procesos dialóxicos de reflexión e análise conxunta, sendo a intención seguir realizando encontros para un exercicio colectivo de coñecemento, representación e problematización da realidade, dende a participación e o compromiso. Entendemos que só así é posible iniciar procesos de transformación social, cos que impulsar o traballo en educación para o desenvolvemento e a cidadanía global nas escolas. Este é o impacto que agardamos conseguir, ofrecendo unha panorámica global das accións que se están a levar a cabo nos centros educativos, para comezar a crear redes de apoio e colaboración que impulsen proxectos comúns.
Se queres más información ou tes calquera comentario, suxestión ou valoración, podes contactar con nós a través do correo electrónico mapaepdcg@solidaridadgalicia.org