Ao non ser un usuario rexistrado, debes aceptar a nosa Política de Protección de Datos:
Esta enquisa require utilizar unha posición xeográfica, ofrecida de manera automática polo navegador web ou definida manualmente, para poder ofrecer un mapa de localizacións das respostas.
A única finalidade da enquisa é coñecer as opinións dos usuarios e a súa localización aproximada, así a posición final pode ser modificada libremente durante o proceso da enquisa antes de que se garde a información demandada do usuario.
Como usuario anónimo podes elixir entre:
Tentaremos situarte inicialmente nunha posición aproximada en base á túa IP para que logo te sitúes correctamente.
O teu navegador pedirache permiso para transmitirnos a túa posición en base a diversos datos (GPS, IP, redes wifi...), dándonos unha posición normalmente moi precisa que podes editar se o consideras oportuno.
Rexístrate en Emapic para non ter que realizar este paso para cada resposta e tamén poderás definir unha posición por defecto ou automatizar o uso do xeoposicionamento automático.
Rexístrate en Emapic para non ter que realizar este paso para cada resposta e tamén poderás definir unha posición por defecto ou automatizar o uso do xeoposicionamento automático. (Máis información)
Deberás especificar a túa posición nun mapa partindo da posición por defecto do teu perfil.
Deberás especificar a túa posición manualmente nun mapa partindo dunha posición por defecto xenérica.
Deberás especificar a túa posición nun mapa partindo dunha posición aproximada obtida da túa IP.
Lamentablemente non fomos capaces de localizar a túa posición de maneira automática.
Lamentablemente non fomos capaces de localizar a túa posición exacta de maneira automática, pero si puidemos obter unha posición aproximada a partir da túa IP.
Deberás especificar a túa posición nun mapa partindo de dita aproximación.
Lamentablemente non fomos capaces de localizar a túa posición de maneira automática.
Deberás especificar a túa posición nun mapa partindo dunha posición por defecto xenérica.
O Mapa de Iniciativas para o Cambio Ecosocial en Galicia de nome MICELIO nace grazas á colaboración de Enxeñería Sen Fronteiras, como axente deseñador ético e estratéxico, e Cartolab, encargado do desenvolvemento técnico da aplicación. O futuro, no entanto, depende non só destas dúas entidades senón tamén das achegas e propostas coas que a propia poboación usuaria e as iniciativas participantes decidan contribuír, por iso pedímovos a todos que contactedes connosco con calquera crítica ou suxerencia.
MICELIO é unha ferramenta tecnolóxica libre creada para visibilizar as sementes do cambio ecosocial en Galicia. Trátase dun fogar virtual para iniciativas e proxectos que procuran unha sociedade sustentable, coidadosa e resiliente. MICELIO ofrece á poboación interesada unha serie de exemplos concretos cos que motivarse para así contribuír á sustentabilidade do sistema para a vida humana. Ademais, este mapa pretende ser unha ponte coa que establecer alianzas entre as iniciativas e afianzar tanto as comunidades como o ben común que estas xeran na poboación. Observaredes un número determinado de iniciativas, todas elas marabillosas o que non significa que non falten outras moitas ás que aínda non se puido chegar. A mirada está posta en conseguir unha distribución territorial equitativa do territorio galego xunto cunha representación variada das diferentes categorías. O proceso é lento, levará tempo, porque o desexo diríxese cara a unha coidada curación das iniciativas seleccionadas.
A filosofía de MICELIO xira arredor de tres eixes fundamentais. O ambiental, priorizando iniciativas que termen do territorio e a súa biodiversidade. O económico, impulsando proxectos baseados nun modelo económico sustentable respectuoso dos recursos e límites terrestres. E, por suposto, o social, favorecendo a participación e co-responsabilidade cidadá incidindo na igualdade, inclusión e horizontalidade das comunidades, valorando os coidados e os ritmos vitais e compartindo o coñecemento.
Este proxecto púxose en marcha grazas á cofinanciación de:
Construir este mapa require de moitas horas de dedicación. Precísase discutir os métodos, investigar as propostas e manternos sempre ben informados. Todo elo faise a través do traballo de voluntariado que viron neste proxecto un gran potencial de cambio e dediciron ofrecer o seu tempo para que se faga realidade.
En primeiro lugar, recordámoslle que pode navegar polo mapa presionando e arrastrando para desprazarse, e cambiar o zoom mediante a roda do rato ou os botóns «+» e «-» da esquina superior esquerda.
Tamén pode cambiar a imaxe que lle ensinamos no mapa mediante o selector da esquina inferior dereita, podendo seleccionar un mapa en branco e negro, un a cor ou fotografías satélite (esta última é especialmente útil se precisa localizar un elemento concreto no mapa).
Para consultar os datos dunha iniciativa, simplemente prema sobre o marcador da mesma no mapa e se lle abrirá un panel cos mesmos que ademáis lle permitirá navegar entre as iniciativas actualmente visibles no mapa cos controis da parte inferior. Tamén pode premer nas etiquetas da iniciativa na parte superior para ver tódalas iniciativas coa mesma etiqueta.
Na parte esquerda do mapa dispón dunha serie de controis que lle permitirán localizar unha comarca de Galicia no mapa e filtrar as iniciativas polas súas etiquetas, ademáis dun botón para poder limpar calqueira filtro que estea activo nese momento.
Por último, na parte inferior esquerda, debaixo dos controis detallados no punto anterior, poderá atopar unha lenda co listado de categorías para as iniciativas que lle permitirá tanto identificar as iconas dos marcadores do mapa coma filtrar as iniciativas pola súa categoría ao premer en cada entrada da lenda. Pode atopar unha descrición detallada das categorías no apartado correspondente desta ventá de axuda.
Este mapa dispón de 17 categorías diferentes que poden ser seleccionadas en conxunto ata 3 ao mesmo tempo, incluindo unha categoría para eventos que se celebren de maneira puntual.
| Categorías | |||
|---|---|---|---|
| Nome | Icona | Descrición | Exemplos |
| Evento | Durante o ano organízanse diversos eventos que fomentan o cambio ecosocial. Aínda que non é posible abarcalos todos, aquí podes atopar algúns dos máis relevantes. | Festivais que empregan a música para achegar a filosofía do cambio ecosocial á xuventude... | |
| Agroecoloxía | A produción de víveres é esencial para unha sociedade. Nesta categoría visibilízanse proxectos que respectan os límites da terra e os seus ecosistemas durante o traballo produtivo. | Granxas con sistemas de produción sustentable, venda directa a comunidade de consumo, cooperativas agrarias exemplares, sistemas produtivos holísticos, comunidades de confrarías cun funcionamento ecolóxico... | |
| Alimentación | O acceso e procesado dos alimentos fai unha gran diferencia no benestar das persoas. Neste apartado incluímos iniciativas que fomenten unha alimentación nutritiva e local. | Obradoiros e artesanía da alimentación, grupos de consumo-consumidores, cociñas colaborativas, mercados agroalimentarios continuos... | |
| Artesanía e oficios | A dependencia da industria incrementa os seus efectos nocivos e reduce considerablemente a nosa soberanía. As iniciativas que aquí podes atopar recuperan e poñen en valor as técnicas e traballos tradicionais que manteñen unha relación respectuosa co medio e o conxunto da sociedade e devolven a soberanía ás comunidades que os desenvolven. | Artesáns, obradoiros, museos-obradores... | |
| Asesoramento | Facer realidade un proxecto transformación xera moitas preguntas. Nesta categoría atoparás aqueles proxectos e profesionais que poden ofrecer asesoramento para así guiar o teu cammiño cara un futuro ecosocial. | Proxectos que apoian a outras iniciativas coa súa experiencia e coñecemento, consultarías do cambio ecosocial... | |
| Auga | A auga é un recurso básico para a vida. Nesta categoría atoparás iniciativas que se preocupen para que o acceso á auga limpa sexa universal e o seu futuro sustentable. | Comunidades veciñais de auga, lugares con sistemas de abastecemento ou saneamento innovadores... | |
| Bioconstrución e hábitat social | A vivenda é un dereito universal pouco respectado e mal xestionado. Os proxectos que aquí se inclúen tratan de ofrecer refuxio de forma universal respectando o ecosistema e reducindo o impacto que esta necesidade ten sobre o medio. Tamén se inclúen formas de convivencia alternativas que facilitan o acceso a un teito. | Profesionais da construcións que traballan con materiais sustentables e técnicas baseadas na bioconstrución, iniciativas de coliving e cooperativas de vivendas... | |
| Coidados | Os coidados sosteñen a sociedade. Nesta categoría móstranse proxectos creadores de espazos seguros e rexeneradores de benestar, son iniciativas que achegan os coidados aos máis vulnerables ou que apoian a aqueles que precisan axuda no proceso de dispensalos. O apartado non esquece o coidado da vida non humana a cal forma parte dun futuro de benestar universal. | Espazos libres de químicos, organizacións con atención aos coidados, protectoras de animais... | |
| Defensa do territorio | O dereito á terra e o acceso á mesma é cada vez máis arduo. As iniciativas que aquí figuran traballan por defender a poboación residente ante os espolios que a elite capitalista acostuma a exercer poñendo en valor a importancia tanto do territorio como dos recursos que nel se atopan. | Plataformas que defenden recursos básicos para a vida ou ecosistemas en xeral. | |
| Enerxía | As enerxías limpas e a soberanía enerxética son dous piares importantes do cambio ecosocial. Nesta categoría inclúense iniciativas que promovan o emprego e produción de enerxía limpa e renovable así como o acceso universal á mesma. | Comunidades enerxéticas, proxecto de sistemas de enerxía de baixo custo innovadores... | |
| Formación e saberes | Para un futuro mellor a información ha de ser libre e accesible para todos. Por iso os proxectos que aquí se inclúen son fontes de coñecemento dispoñibles para todo o público e orientadas a compartir os saberes necesarios para que o cambio ecosocial teña lugar. | Granxas-escola, fincas demostrativas, centros educativos especialmente transformadores, centros de interpretación, aulas de Natureza, rutas de especial interese etnográfico... | |
| Igualdades | O futuro inclúe a toda a poboación. Nesta categoría atoparás calquera grupo organizado que teña como obxectivo un activismo pola igualdade social. | Xuntanzas de mulleres para a discusións de temas referidos ao xénero ou sexo, grupos mixtos de deconstrucción feminista, colectivos LGTBIQ+, colectivos antirracistas, comunidades non-monogamas, mulleres activistas dixitais... | |
| Proxectos sociais | A fortaleza dunha sociedade mídese por como trata aos máis vulnerables. Aquí móstranse iniciativas que se esforzan por crear un espazo e un ambiente favorable para aqueles desprotexidos pola voracidade e agresividade do sistema actual. | Asociacións para a protección de colectivos vulnerables, plataformas en defensa dos dereitos humanos... | |
| TIC e soberanía dixital | O mundo virtual tamén é un territorio do cal precisamos ter soberanía. Neste apartado inclúense proxectos que ofrecen espazos de aprendizaxe onde crear a propia soberanía dixital ou dar a coñecer alternativas tecnolóxicas ás ofertadas pola hexemonía da industria. | Comunidades de software libre, makers, ciberactivistas pola neutralidade da rede, lowtech internet... | |
| Voluntariados | O traballo voluntario é unha dobre vía coa que achegar e recibir na construción dunha nova sociedade. As iniciativas que aquí figuran precisan axuda de voluntarios que desexen colaborar e aprender cos seus proxectos. | Organizacións non gobernamentais, asociacións, fundacións... | |
| Xestión comunitaria | Non existe sociedade cohesiva sen comunidade. Por iso vemos necesario darlle visibilidade a iniciativas que demostren como é posible xestionar exitosamente unha comunidade con valores ecosociais. | Comunidades de montes exemplares, eco-aldeas, proxectos de permacultura compartida... | |
| Xestión de residuos | O lixo non son máis que recursos abandonados. Nesta categoría atoparás proxectos que fomenten a redución do lixo evitando a súa creación coa reparación ou diminuíndo a súa existencia a través da súa reutilización como material de construción. | Puntos limpos que impulsen reparación, pequenas tendas ou obradoiros de reparación, iniciativas de reutilización, bancos de reciclaxe electrónica… | |
| Outros | Outras recomendacións que merecen a súa mención. | Iniciativas para as que non se vexa un encaixe claro nunha ou máis das anteriores (por exemplo, temas culturais) | |
Estás segura de querer eliminar esta iniciativa? Esta operación non se pode desfacer.