Un método de conservación da natureza, tanto do medio ambiental como dos seres vivos, é a creación de espazos protexidos (Espazos Naturais Protexidos, Parques Naturais, ZEPAs e ZECs, centros de recuperación de fauna, xardíns botánicos, santuarios, zoos ou acuarios). Estes métodos de preservación presentan grandes vantaxes á hora de protexer e monitorizar aquelas especies que presentan un rango de distribución en diminución ou de manter ecosistemas completos.
Por estas razóns, a boa conservación e preservación destes espazos debería ser unha prioridade en canto á conservación da fauna e da flora.
Esta enquisa busca facer un estudo das condicións destes espazos, tanto actuais como no momento no que foron visitados, para poder avaliar nun futuro os cambios necesarios para mellorar o nivel de conservación da fauna e flora.