O contacto co entorno natural é fundamental para a saúde, o benestar e a desconexión no día a día. Especialmente no caso dos territorios urbanos e periurbanos dispor de áreas naturais accesibles e ben conservadas cerca do fogar tradúcese directamente nunha mellor calidade de vida.
Co fin de coñecer a relación da poboación co seu entorno natural, proponse este cuestionario para avaliar a accesibilidade, uso e percepción dos espazos naturais.