Que é un espazo seguro? Que precisa un proxecto, un colectivo ou un espazo de ocio, para que o consideremos seguro para as persoas LGTBIQA+?
No obradoiro celebrado no Festival Reina Loba, tratamos de recoller e localizar no mapa aqueles espazos que en maior ou menor medida están implementando ferramentas para apostar pola inclusión de todas as formas de diversidade afectivo e sexual.
Sirva este formulario para ampliar no tempo este traballo de xeración de rede de forma aberta e colaborativa.