A píllara das dunas (Anarhynchus alexandrinus) é unha pequena ave migratoria que cría nas dunas dos areais galegos durante o periodo estival.
O drástico declive das súas poboacións levou a que na actualidade se estén a adoptar distintas medidas para tratar de asegurar a supervivencia da especie. Moitas destas medidas implican restricción no uso das praias e despertan críticas e queixas dende determinados colectivos.