Preténdese recoller os coñecementos tradicionais sobre usos dos cogomelos en Galicia e no norte de Portugal, para poder preservalos e así evitar que se perda unha parte importante da nosa historia e da nosa cultura.
Trátase de intentar potenciar que a xente que saiba de usos que se lle daban aos cogomelos na súa zona dende a antigüidade poida compartilos, xa sexan usos gastronómicos, medicinais ou folclóricos, nomes populares, refráns, anécdotas ou incluso medos relacionados cos cogomelos.