A Oficina de Sustentabilidade da Universidade da Coruña (OdS-UDC) ten como función a de participar na coordinación e realización de diferentes actuacións de tipo ambiental na UDC, co obxectivo de acadar unha Universidade e unha sociedade máis sustentábeis. Actúa en dous campos prioritarios, como son a xestión ambiental e a sensibilización e participación da comunidade universitaria nas cuestións relacionadas co medio ambiente, incluíndo a transferencia á sociedade do coñecemento, saber facer e estilos de vida máis sustentábeis.
Nesta páxina listamos os proxectos que realizamos conxuntamente con este organismo.
Esta ferramenta calcula a pegada de carbono de distintos hábitos do noso día a día, mediante enquisas vinculadas entre si, referidas a residuos, enerxía, mobilidade, etc. Segundo vaias contestando cada unha das enquisas, darémosche unha cantidade aproximada como pegada de carbono total do teu estilo de vida actual.
Recomendamos estar autenticado en Emapic para respondelas co fin de vincular as túas distintas respostas entre si. Se non queres facelo, tamén podes empregar un código único que che proporcionaremos para identificarte nas outras enquisas da ferramenta.
Podes contribuír a este mapa colaborativo, que nos dá información sobre os caudais e volumes de auga consumida nos aseos, tanto de vivendas particulares coma de locais públicos, e das medidas e indicacións para reducir o consumo.